A JUSTIÇA PELA MÃO (Rosalia) – musicada por Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira

A JUSTIÇA PELA MÃO

 

 

Do álbum “Rosalía XXI”, onde se musicalizam diversos textos de Rosalía de Castro com a colaboração de Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira.

 

 

 

A XUSTIZA POLA MAN

Aqués que tén fama de honrados na vila,
Roubáronme tanta brancura que eu tiña;
Botáronme estrume nas galas dun día,
A roupa decote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron, en donde eu vivira;
Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
Ó raso cas lebres dormín nas campías;
Meus fillos…, ¡meus anxos!…, que tanto eu quería,
¡Morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
I en tanto, os raposos de sangre maldita
Tranquilos nun leito de rosas dormían.

-Salvademe ¡ou, xueces!, berrei…, ¡tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
– Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces cal loba doente ou ferida,
Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño…¡Ne-as herbas sentía!
I a lúa escondiase, y a fera dormía
Cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
Tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces… ¡estonces!, cumpreuse a xustiza:
Eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

 

Leave a Reply