FANTOCHE BAJ – “ AS POMBAS DE CARBOEIRO” – NARRACIÓN ORAL, MÚSICA EN DIRECTO Y LA TÉCNICA JAPONESA DEL KAMISHIBAI por Clara Castilho

O DIA DO TEATRO É JÁ NA PRÓXIMA QUINTA-FEIRA

teatro4

Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interés  céntrase no teatro de títeres entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta mais tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo, Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas mais contemporaneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo, O Asombro (2010) ou a utilización do kamishibai xaponés no espectáculo, As Pombas de Carboeiro.

falaredes

Pasando por unha interrelación con outras linguaxes escénicas, co teatro de actor no  espectáculo para adultos A Saia da Carolina (2008), co clown en Rei, rei? (2008), cos xigantes e cabezudos en Zampón o Lambón (2009), coa maxia en Sinda, Linda, Catrina, Simón e o demo Cobillón (2009) e co teatro de rúa en Velocíclopes (2010).  Partindo da idea de que o teatro de títeres é un poderoso instrumento de contar historias Fantoches Baj non renuncia a ningunha tematica ou forma literaria, pero os  gustos van sobre todo polas literaturas tradicionais e os discursos poéticos.

O seu director, Inacio, gañou en dúas ocasións o premio Barriga Verde de Textos Teatrais nas dúas modalidades de infantil e de adultos cos textos Auga que non vas beber e Fábula Galénica.

Nesta compañía colaboran habitualmente Luis Iglesias, “Luchi” na construcción de bonecos e escenografías, así como actor e manipulador en moitos dos espectáculos, Benxa Otero na creación musical e interpretación en directo ou  María Chenut na realización e deseño de vestiario.

As pombas de Carboeiro – un espectáculo de narración oral, música en directo y la técnica japonesa del Kamishibai. É un metarrelato que conta como un frade trata de convencer coa súa historia a un batallón do exército napoleónico para que os soldados non sacien a súa fame coa poboación de pombas mensaxeiras do mosteiro. O frade, para ilustrar o seu relato, emprega as cartas do Tarot de Marsella coas que os soldados franceses se entretiñan.

 Con trinta e tres destas cartas ampliadas, a modo de imaxes do kamishibai, relátase o que lles contou o frade aos soldados. Unha mestura da historia medieval con contos, cantos, lendas e romances antigos que ten como protagonistas a Cervela de Bonaval e Octavia.

A través do seu relato descubrirán a historia de amor  protagonizada por Cervela, correo de El-Rei Fernando II, e Octavia, a filla máis nova de Lupa de Lobarzán; amor que por razóns de sangue non lles será permitido.

A dramaturxia e a música deste novidoso e fascinante espectáculo está deseñado para ser interpretado en dous formatos:

 -Formato teatro con Banda de música, onde Benxamín Otero compuxo as músicas para ser interpretadas por unha banda que acompaña a dramatización.

 -Formato sen banda, Inacio Vilariño e Benxamín Otero interpretan tanto a música como a parte teatral.

  (http://www.urdime.net/)

Leave a Reply