Emilio Celso Ferreiro – um texto independentista de 1935

Sempre Galiza!

Sempre Galiza!

 

Um texto da juventude de Celso Emilio Ferreiro, quando era dirigente da Federaçom de Mocidades Galeguistas, então publicado no periódico independentista A Fouce. [fonte: http://www.galizalivre.org]

Posizóns trabucadas


Pra A FOUCE

 

Con motivo do conflicto ital-etíope, o Partido socialista hespañol, ceibou un manifesto condenando a bárbara agresión das mesnadas do Duce ao pobo indefenso de Abisinia.


Ningún comentario teriamos que facer ao devandito manifesto si n-él non houbera un párrafo en aberta contradición coa coñecida conduita do orgaismo que o suscribe.


Di esí o párrafo de que falamos: “Todo aquel pobo ao que se prive do dereito a rexirse por si mesmo, ten nosa fervorosa adhesión.”


Istas verbas que, en sí, suscribiríamos integramente, soan a insinceiridade e perden pra nós todo o valor ao ser pronunciadas pol-os socialistas hespañoles.


Pro, denantes de decir porque non creemos n-isa “fervorosa adhesión”, quixéramos saber que é o que compre que suceda pra que os socialistas hespañoles coiden a un pobo privado do dereito a rexirse por si mesmo. Porque nós, que endexamáis ouvimos falar de tal dereito ao Partido Socialista, temos forzosamente que pensar, –dado o “casus bellun” pol-o que espallaron o manifesto–, que pra os camaradas Indalecio Prieto e Largo Caballero, un pobo somentes está privado do dereito a rexirse por si mesmo, cando os seus eidos fican baixo as botas dun exército invasor. Mais non imos supoñer tamaña iñoranza nos promotores da revoluzón de Asturias. Imos a supoñer que pra os socialistas hespañoles, tamén é un pobo privado de dereito a rexir seus destiños, todo aquil que sofre baixo o poder de un estado opresor –que conqueriu seu dominio, naturalmente, por un aito de forza–, que non ten en conta pra nada as caraiterísticas nacionales, –idioma, cultura, economía, etc., etc., e imponlle unhas alleas ou seu “ego” peculiar.


Mais si esto é así, como efeitivamente é, nengún socialista por moi hespaño que seña, ou viceversa, pode negar que Galiza, Catalunya, Euzkadi, son pobos con perfeito dereito a rexirse por si mesmos e non embargantes fican privados d-él.


¿Cándo istes pobos, escravizados pol-o estado hespañol, recibiron a “fervorosa adhesión” dos socialistas hespañoles? Endexamáis. Nen agora, que o Partido Socialista Hespañol, está sovietizado e recibe consiñas de Moscou, fala nas suas propagandas, nen na sua prensa, das “nacionalidades oprimidas” e de “Federación de Repúblicas Socialistas Ibéricas” coma os seus camaradas os comunistas fan, naturalmente, pra “pescar incautos”.


Endexamáis os socialistas hespañoles apoiaron as reivindicacións das nacionalidades oprimidas. Porque cando se debatíu nas cortes constituientes o asunto da autonomía catalana, –apesares de ser a autonomía, unha pequena concesión feita ao dereito dun pobo a rexirse por si mesmo–, sabido é que os socialistas lle prestaron a regañadentes o seu apoio, ado non por simpatía coas liberdades de Catalunya, senón por puro cálculo parlamentario, pois non querian perder os cincuenta votos dos diputados cataláns.


E cando se falou da autonomía galega os socialistas hespañoles da Galiza declararon que “a non combatían pro que tampouco farían propaganda a prol, por que a iles non lle inresaba nada máis que as reivindicacións proletarias: Aititude neutral que non rima coa “fervorosa adhesión” que agora adoitan.


E cando no País Basco se faguía intensa campaña con vistas ao Estatuto, Indalecio Prieto decraraba nunha interviu a un periodista que “era un crimen espertar sentimentos nazonalistas nos pobos.


Por iso, as verbas dos socialistas hespañoles –e tan hespañoles; hespañoles por enriba de todo– que motivaron iste comentario, non soio non teñen nengún valor pra nós, senón que son un insulto pras nazós escravizadas pol-o estado hespañol.

 

     Emilio Ferreiro.

 

     Galiza, novembro de 1935.

 

 

A Fouce, nº 84, novembro de 1935

 

 

 


Leave a Reply