MÚSICA GALEGA – Uma volta e um poema, Berrogüetto

 

 

 

 

 

 

BERROGÜETTO E XAVIER DIAZ EM “UNHA VOLTA E UN POEMA”

 

 

 

Sobre o grupo Berrogüetto :

 

A viaxe épica de Berrogüetto comeza na primavera de 1995 na Galiza, cando seis músicos de procedencias dispares se xuntaron coa intención de levar a música celta tradicional do seu país un paso máis aló, cara o futuro, e experimentar novas sonoridades.


Por que Berrogüetto?


A primeira tarefa, a denominación do grupo, resolvérona cun neoloxismo. BERROGÜETTO é a suma de tres conceptos semánticos. BERRO + GUETTO + SOWETO. Xirando arredor destas tres ideas, elabórase o seu pensamento, o seu discurso e os seus propósitos.Berro parte da convicción de que só coa denuncia podemos camiñar cara un mundo mellor. Trátase de dar voz aos sen voz, un berro en positivo. Gueto (do italiano ghetto) “Minoría de persoas marxinadas da sociedade por motivos relixiosos, políticos, etc. Barrio ou suburbio no que viven. Situación de marxinación na que se encontran”. Soweto, barrio do sur de Iohannesburgo que foi a máxima expresión da oposición ao “apartheid”. A partir das primeiras revoltas Soweto converteuse en foco de atención internacional, dando luz á situación de racismo e inxustiza que vivía Sudáfrica. Significou o punto de partida cara a democracia, a liberdade e o respecto.


O grupo evoca entón “o grito dos oprimidos”. Trasladado á música, os seus compoñentes consideran que o folk sempre estivo oprimido e encorsetado, nun espazo demasiado achicado, onde non pode desenvolver libremente as súas enormes posibilidades. Escollendo este nome revelaban a súa intención de abrir novos horizontes para a música de raíz. Nacía así unha banda innovadora, con ideas diferentes e formulacións orixinais.

 

 

Unha volta e un poema

 

Música e letras: Guadi Galego / Guillerme Fernández

 

Vai unha volta, unha volta e un poema
Unha cantiga, a cantiga dunha nena
Vai un xantar, un xantar, unha conversa
Un pensamento, pensamento con talento

Vai o teu beixo, o teu beixo nun silencio
Unha palabra, a palabra desexada

E agora que sae o sol
o teu nome xa se ve
Agora que sae o sol
ti tamén es

Vai a esquecida, a esquecida e nomeada
Unha sentenza, a sentenza que ti fagas
Vai o teu dito, o teu dito cun sorriso
Unha quimera, a quimera dunha espera

Foi unha volta, unha volta e un poema
Unha cantiga, a cantiga dunha nena,
Vou despedirme, despedirme cunha flor
Vou despedirme, cunha flor de cor de ron.


 

 

 

 

Leave a Reply